Continúa o tempo gris en Compostela

Continúa o tempo gris en Compostela
Continúa o tempo gris en Compostela

As temperaturas en SAntiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos

O xoves iranse retirando os ventos do sur e co avance do día irá entrando o norte que traerá unha masa de aire máis fría. Así, os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará frouxo, do suroeste a primeiras horas e quedará de compoñente norte á noite.

En Santiago, Ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o mércores e o xoves pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán notablemente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios