Oroso remata as tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño inglés que pasa polo municipio

Oroso remata as tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño inglés que pasa polo municipio
Oroso remata as tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño inglés que pasa polo municipio

O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate das tarefas de humanización e acondicionamento do tramo do Camiño Inglés que pasa polo municipio.

Durante as últimas semanas, se levaron a cabo diferentes actuacións para mellorar o aspecto desta senda, coa instalación de elementos de descanso, novas marquesiñas ou colectores para o lixo.

Tamén se acometeu a rehablitación e limpeza da Fonte da Santiña e dos lavadoiros más próximos a este tramo da ruta, que xa ofrecen un aspecto renovado.

“Cada vez son más os veciños e veciñas de Oroso que utilizan o tramo do Camiño Inglés para pasear a diario, o que para nós é unha satisfacción, ademais da importancia de ter todas as sendas acondicionadas para os peregrinos”, explica o alcalde, Luis Rey Vllaverde.

Para o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, “o noso entorno natural e o Camiño Inglés son dous atractivos de Oroso, que teñen que desfrutar en primeiro lugar os nosos veciños e tamén todos os que nos visitan”.

A construcción de sendas peonís por todo o concello e o impulso do Camiño Inglés son dúas prioridades para o grupo de goberno orosán, consciente do seu impacto para mellorar a vida diaria dos veciños e incrementar o número de visitantes.

Comentarios