CA esíxelle ao Goberno local que "free a permisividade na ocupación do Obradoiro"

CA esíxelle ao Goberno local que "free a permisividade na ocupación do Obradoiro"
CA esíxelle ao Goberno local que "free a permisividade na ocupación do Obradoiro"


Jorge Duarte trasladou as queixas de CA na Comisión Asesora de Patrimonio, despois da celebración dun acto na praza que tiña un ditame negativo do órgano

Compostela Aberta esíxelle ao Goberno de Bugallo que “cese o despropósito actual e a permisividade coa que os vehículos motorizados acceden ao Obradoiro, e restrinxa o uso da praza, como require a conservación dunha Cidade Patrimonio da Humanidade”. O concelleiro Jorge Duarte reiterou hoxe “que o PSOE debe dar explicacións despois de ter permitido onte a ocupación da praza para un acto que obtivera un ditame desfavorable por unanimidade da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico”. 

Obra2 750x422


Compostela Aberta levará ao próximo Pleno un rogo para esixirlle ao Goberno que adopte medidas que permitan frear a degradación que vén sufrindo a Praza do Obradoiro, tanto no que tén que ver a súa imaxe como a conservación do patrimonio. Para Jorge Duarte, “é moi preocupante contemplar cada día como a praza está ocupada por automóbiles, moitos deles titularidade do Concello e da Xunta, pero tamén de camións e mesmo de autobuses de viaxes organizados que descargan en pleno Obradoiro ao seus pasaxeiros tendo un estacionamento público a poucos metros en Xoán XXIII”.  O concelleiro de CA incidiu en que “o acontecido onte, coa instalación dun stand para á presentación dunha campaña promocional dunha entidade privada como é o RACE, non é a excepción, pero sí é exemplifica o escaso valor que lle dá o Goberno de PSOE á conservación da praza”. Nese sentido, Duarte lembrou que esa instalación contaba cun informe desfavorable da Comisión Asesora de Patrimonio “por unanimidade dos presentes, e de conforme co informe do técnico municipal que tamén consideraba inadecuada a localización, e por este motivo onte, nunha nova xuntanza do órgano, volvimos expresar o malestar de Compostela Aberta porque o Goberno de Bugallo actúe en contra dos criterios da Comisión”.

Obra3 750x422


Regulación de usos

Duarte lembrou que en xaneiro de 2020, o Goberno presentou un documento sobre actuacións urxentes no entorno da Catedral para o ano 2021 no que figuraba o compromiso de elaborar un documento base para regular a utilización dos espazos públicos da contorna da Catedral, “no que se debía establecer o tipo de actividades compatibles co carácter e singularidade deses espazos, e co valor universal excepcional do patrimonio”. O concelleiro sinalou que “case dous anos despois, nada sabemos dese documento”, e incidiu en que “o Goberno non pode poñer outra vez de escusa a pandemia, porque estamos a falar de elaborar e consensuar un documento, algo compatible coas restricións da crise sanitaria, e sobre o que os grupos da oposición non tivemos desde entón ningunha achega”.

Comentarios