O Grupo Popular esixe unha baixada de impostos locais como alivio fiscal e estímulo para a reactivación do consumo

O Grupo Popular esixe unha baixada de impostos locais como alivio fiscal e estímulo para a reactivación do consumo
O Grupo Popular esixe unha baixada de impostos locais como alivio fiscal e estímulo para a reactivación do consumo

   A baixada suporá unha inxección financeira nas familias e da economía de preto de 2 millóns de euros e a actual situación financeira do Concello, cunha media anual de superávits de 12,7 millóns de euros, permite facelo


O Grupo Municipal Popular, a través do seu vicevoceiro, Ramón Quiroga, solicitou  ao Goberno local en rolda de prensa a necesidade de levar a cabo unha baixada de impostos para o ano 2022, xustificada en varios parámetros obxectivos. Ramón Quiroga destacou que “esta baixada é unha obriga moral, posto que suporá un alivio financeiro ás familias e unha inxección a economía local de case 2 millóns de euros”.


Quiroga Limia remarcou que a situación financeira do Concello permite que se leve a cabo esta rebaixa nos impostos, xa que conta cunha media anual nos derradeiros tres anos de 12,7 millóns de euros en superávits, ao que se suma tamén unha media anual de 41,2 millóns de euros en depósitos bancarios.


Así mesmo, destacou que aínda é moi incipiente o inicio da saída da grave crise económica, polo que se fai necesario un impulso de todas as administracións públicas, co fin de que se reactive a economía, fomentando o consumo e axudando á veciñanza que máis o precise.


“O aumento disparado a un 4% da inflación, sendo a maior dos últimos 12 anos, así como o incremento dos prezos en necesidades básicas, coa usureira factura da luz, que subiu ata un 44%, así como a suba do prezo da gasolina e o diésel, tamén xustifican ditas medidas” engadiu.


O vicevoceiro Popular explicou que, neste momento, o Goberno local ten os deberes sen facer e enriba da mesa. Así “é preciso recordar que o Goberno Local fai orzamentos cos impostos recadados que despois non executa e acaban en “avultados” depósitos bancarios como neste último ano que chegou a 44,3 millóns de euros, polo tanto no existe escusa por parte do Concello para non proceder a unha baixada de impostos, xa que o seu afán recadador non está xustificado, e doutra banda, o mellor están os cartos e nos petos dos cidadáns. Ademais, o propio Goberno local, nas súas previsións, espera aumentar neste ano 2,3 millóns de euros nos principais tributos con respecto ao ano anterior”.




Impostos que se poden baixar

Ramón Quiroga sinalou que os tributos a baixar serán de dous tipos. Dun lado, o Impostos de Bens Inmobles, coñecido como a contribución urbana, que estivo aumentando nos derradeiros 10 anos, dende que o anterior Goberno Socialista aumentou a revalorización catastral. Este aumento desproporcionado das valoracións catastrais dos inmoble supuxo un aumento na recadación do Concello de 11,6 millóns de euros, que se consolida anualmente, así, o Concello pasou de recadar 21,4 millóns en 2010 a recadar actualmente 33 millóns, o que supón dito aumento anual de 11,6 m.


Ademais é preciso recordar que o IBI non é precisamente un tributo ligado a capacidade económica, cando por exemplo pensemos nun xubilado que ten algún inmoble herdado pero que ten a súa vez unha pensión mínima coa que apenas chega a final de mes, o que lle pode supor que nese mes que se carga o IBI apenas ten remanente. Con esta baixada do IBI, se conseguirá axudar aos veciños que se atopen en situación de risco social, aumentar a renda dispoñible, o que redundará no fomento do consumo, e paliar o empobrecemento da familias nese 4% polo aumento da inflación, o aumento do 44% da factura da luz, a gasolina, o diésel etc.


Doutro lado, a baixada de impostos do Grupo de tributos máis ligados a actividade económica en competencias locais, como son o imposto de Construcións; o imposto de Plusvalías; e a supresión da taxa de apertura na maior parte de supostos.


Este grupo de tributos deben axudar e funcionar como incentivo na recuperación económica xa que están ligados a sectores tradicionais municipais e tamén creadores o xeradores de emprego. As medidas de baixada de impostos son as seguintes:



GRUPO IMPOSTO MÁIS LIGADO A AUMENATR RENDA DISPOÑIBLE E FOMENTAR O CONSUMO E AXUDAR AOS MAÍS NECESITADOS
GRUPO IMPOSTOS MAIS LIGADOS A REACTIVACIÓN ECONÓMICA DA CIDADE
TAXA APERTURA Supresión na maior parte supostos
ICIO 2 % 1,8 %
PLUSVALÍAS 22 % 20 %


Comentarios