Venres sen chuvia en Compostela

Venres sen chuvia en Compostela
Venres sen chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos


Para o venres agárdase influencia anticiclónica transitoria sobre Galicia. Con esta situación, haberá bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros pola mañá, máis despexados pola tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa e frouxos no interior.


En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións  o domingo. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.



Comentarios