Preguntan pola continuidade da rotonda provisional entre o Hórreo e San Pedro de Mezonzo para mellorar o acceso ao Ensanche

Preguntan pola continuidade da rotonda provisional entre o Hórreo e San Pedro de Mezonzo para mellorar o acceso ao Ensanche
Preguntan pola continuidade da rotonda provisional entre o Hórreo e San Pedro de Mezonzo para mellorar o acceso ao Ensanche

María Castelao pedirá información sobre as alternativas previstas para axilizar o acceso de vehículos ao Ensanche no caso de non manter esta infraestrutura

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, María Castelao, preguntará ao Goberno municipal no vindeiro Pleno ordinario si ten previsto construír unha rotonda definitiva para manter, no futuro, a glorieta provisional situada entre a rúa do Hórreo e a rúa de San Pedro de Mezonzo.


A Popular tamén pedirá información sobre cal será a solución no caso de que non manter dita infraestrutura e se se considera algunha outra alternativa que mellore e axilice o acceso ao Ensanche desde a remodelada rúa do Hórreo.


A concelleira lembrou que, “durante os traballos de execución do proxecto de remodelación da rúa do Hórreo, se acordou instalar unha rotonda provisional para facilitar o xiro e o acceso ao vehículos procedentes da rúa do Hórreo en dirección á rúa de San Pedro de Mezonzo.


María Castelao destaca que, aínda que esta medida non aparece contemplada no proxecto licitado, onde aparece unha liña descontinua para permitir xirar cara a San Pedro de Mezonzo, pola súa funcionalidade e a súa capacidade para axilizar o tráfico cara ao Ensanche, “consideramos que debería ser tida en conta nunha posible modificación do proxecto”.


O feito de que no proxecto non se teña previsto un carril de espera para aqueles vehículos que queiran subir por San Pedro de Mezonzo e a posibilidade de que o único carril habilitado para o tránsito de vehículos alleos ao servizo de transporte público puidera sufrir frecuentes retencións aconsellaría manter a solución desa rotonda provisional que, sen dúbida, debería mellorar a circulación, evitando -na medida do posible- a conxestión dunha vía nun contorno de tanta transcendencia como o da estación intermodal.

Comentarios