Baixan os casos e os contaxios diarios de coronavirus en Galicia

Baixan os casos e os contaxios diarios de coronavirus en Galicia
Baixan os casos e os contaxios diarios de coronavirus en Galicia

A día de hoxe hai 387 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 413 deles 131 son da área da Coruña, 28 da de Lugo, 43 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 69 da área de Vigo, 70 da de Santiago e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 19 en unidades de hospitalización e 387 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.871 persoas curadas, rexistrándose 2.649 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.882.331.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.418.832.

Comentarios