Baixan hospitalizacións e suben lixeiramente os contaxios en Galicia

Baixan hospitalizacións e suben lixeiramente os contaxios en Galicia
Baixan hospitalizacións e suben lixeiramente os contaxios en Galicia


   A día de hoxe hai 390 pacientes en seguimento nos seus domicilios



A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 415 deles 134 son da área da Coruña, 27 da de Lugo, 41 da de Ourense, 49 da de Pontevedra, 64 da área de Vigo, 76 da de Santiago e 24 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 390 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.903 persoas curadas, rexistrándose 2.649 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.884.202.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.420.246.

Comentarios