Luns con nubes en Compostela

Luns con nubes en Compostela
Luns con nubes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 17 graos

O luns será unha xornada de transición cara ás altas presións. Así, comezaremos o día con intervalos de nubes baixas e néboas, que mesmo poden deixar algunha chuvia feble pola mañá. A partir do mediodía abriranse grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá néboas nocturnas o luns.  En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.






Comentarios