Reclaman o arranxo urxente das fochancas da avenida de Ferrol

Reclaman o arranxo urxente das fochancas da avenida de Ferrol
Reclaman o arranxo urxente das fochancas da avenida de Ferrol

A falta de mantemento pode provocar risco de caídas para as numerosas persoas que transitan a diario pola zona

A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclamará no Pleno que o Goberno local adopte as medidas necesarias para o arranxo urxente das fochancas da avenida de Ferrol.

“Veciñanza da contorna da avenida de Ferrol trasladou ao grupo municipal do BNG a súa preocupación pola deterioración das beirarrúas, que levan con diversas tiras do lousado levantadas desde hai meses”, advertiu.

Esa falta de mantemento e de conservación pode provocar risco de caídas para as numerosas persoas que transitan a diario pola zona, ademais da dificultade engadida que supón para aquelas que van con carriños de bebé ou cadeiras de rodas.

Este problema da avenida de Ferrol esténdese a numerosas zonas da cidade, cando non é un problema de falta de diñeiro, posto que o Goberno local dispón de importantes partidas de orzamento que deixa sen executar cada ano debido á mala xestión.

Comentarios
Lo más