Galicia conta con 419 casos activos, 4 máis, e baixan os novos contaxios

Galicia conta con 419 casos activos, 4 máis, e baixan os novos contaxios
Galicia conta con 419 casos activos, 4 máis, e baixan os novos contaxios


A día de hoxe hai 394 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 419 deles 130 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 42 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 70 da área de Vigo, 69 da de Santiago e 24 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 394 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.923 persoas curadas, rexistrándose 2.649 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.885.891.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.420.248.

Comentarios