Comeza o proceso de 'doble vacinación' en Santiago

Comeza o proceso de 'doble vacinación' en Santiago
Comeza o proceso de 'doble vacinación' en Santiago


Están sendo citados vía SMS e arranca con máis de 2.200 convocados en toda a área

A área sanitaria de Santiago de Compostela e  Barbanza puxo en marcha este luns a campaña de vacinación conxunta contra a covid e a gripe para persoas de 80 ou máis anos en 25 centros de saúde cabeceira de comarca.  En total, nestes centros de saúde están citadas máis de 2.200 persoas vía SMS.   Na área sanitaria compostelá hai máis de 30.000 persoas correspondentes a esta franxa de idade e prevese que en 3 semanas estean todos chamados.

Amais, a partir de hoxe comezouse a vacinar contra a gripe ás persoas de 65 ao máis anos nos 76 centros de saúde da área, así como as persoas institucionalizadas de maneira prolongada  (residencias de maiores e con discapacidade e traballadores destas institucións, onde  tamén se está vacinando).

Dende o 15 de novembro convocarase ás persoas de 60 a 64 anos, ás persoas menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e no puerperio, os prematuros de 6 meses a 2 anos, o persoal de servizos esenciais, o persoal de exposición laboral, e ademais, o persoal das oficinas de farmacia.

A campaña que comezou a semana pasada cos profesionais dos centros sanitarios prolongarase até finais de decembro.

Resultados campaña anterior


O ano pasado vacináronse, na nosa área sanitaria, máis do 72% da poboación de 65 ou máis anos e o 76% de 75 ou máis anos .

Comentarios