Denuncian “a irresponsabilidade do Goberno local” por non ter actuado no muro do Pombal, ignorando as advertencias de perigo que aparecen nos informes dos técnicos

Denuncian “a irresponsabilidade do Goberno local” por non ter actuado no muro do Pombal, ignorando as advertencias de perigo que aparecen nos informes dos técnicos
Denuncian “a irresponsabilidade do Goberno local” por non ter actuado no muro do Pombal, ignorando as advertencias de perigo que aparecen nos informes dos técnicos

Sánchez-Brunete engadiu ademais que o seu Grupo pedirá as explicacións necesarias e, “no seu caso, as responsabilidades políticas que sexan precisas”

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, denunciou, en rolda de prensa “a irresponsabilidade do Goberno de Sánchez Bugallo”, por non ter actuado no muro do Pombal, ignorando as advertencias de perigo que aparecen nos informes dos técnicos e deixando pasar o tempo, case dous anos, sen adoptar solución algunha, poñendo en risco tanto aos vehículos como peóns que transitan por esta zona.


Sánchez-Brunete destacou que o motivo da súa comparecencia ante os medios débese tamén á necesidade de “advertir aos cidadáns da situación real do muro e esixir aos responsables municipais un informe sobre o risco actual e unha actuación inmediata”. O Popular engadiu ademais que o seu Grupo pedirá as explicacións necesarias e, “no seu caso, as responsabilidades políticas que sexan precisas”.


Para o portavoz Popular, a veciñanza pódese quedar “con esa imaxe cutre das pranchas de aceiro e pensar que só hai un risco difuso, pero que nunca pasa nada”, pero subliñou que un informe técnico “din o que din” e o que non coñece a veciñanza e que ditos documentos o que din é o que sigue: “… como xa se comentou nun informe anterior e se volve a reiterar, as medidas provisionais actuais non son suficientes para evitar novos desprendementos, existindo na actualidade un grande risco de derrubo agora que comeza o período de choivas”. Aínda que informe é de outubro de 2020 desde entón apenas se actuou na zona.

“Hoxe non estamos ante un problema máis que afecte á calidade de vida das persoas ou as súas expectativas convencionais, como a frecuencia do autobús ou a limpeza das rúas, estamos ante un asunto que afecta á seguridade, á integridade de miles de persoas que circulan a diario pola rúa do Pombal” e parece incrible que “a sabiendas, se poda manter unha rúa nesas condicións de inseguridade durante anos”, polo que é notorio que o Goberno municipal “ante unha enorme urxencia, respostou cunha impresentable neglixencia”, destacou o portavoz Popular.


Alejandro Sánchez-Brunete subliñou que este problema “non revela só a incapacidade de xestión dun Goberno: revela a súa condición moral ou ética. Actuaron ou inactuaron cun temerario desprezo cara a vida das persoas”.


Faltando á verdade

Así mesmo, o portavoz Popular quixo incidir en que todo o Goberno local coñece e é consciente do risco que o noiro supón para a veciñanza e “lles da igual e cando preguntei nun Pleno polo nivel de risco do muro, a resposta foi a evasiva, pese a contar o Goberno con informes técnicos. E non so evasiva: a concelleira de Urbanismo faltou á verdade” ao dicir que non existía risco, cando un informe de unha semana días antes advertía do perigo que supón a actual situación do muro.


Sánchez-Brunete tamén quixo deixar claro que o Goberno de Sánchez Bugallo estivo contándolle milongas aos veciños como que non se arranxaba pola resistencia dos propietarios privados, pero a realidade é que a maior parte do noiro é pública e na parte privada se debería actuar por execución forzosa, pero eles estaban máis interesados en facer “dun problema unha oportunidade” de facer unha actuación de maior prestancia e, mentres non acadaban dita oportunidade mantiñan e manteñen en risco para integridade das persoas; “supeditaron a seguridade das persoas a un capricho urbanístico”.    

Comentarios