Compostela acolle a primeira presentación de ‘O enigma de Santiago’, obra galardoada co Premio Raíña Lupa

Compostela acolle a primeira presentación de ‘O enigma de Santiago’, obra galardoada co Premio Raíña Lupa
Compostela acolle a primeira presentación de ‘O enigma de Santiago’, obra galardoada co Premio Raíña Lupa

A cita terá lugar este xoves 28 de outubro ás 20h na Biblioteca Pública Ánxel Casal e contará coa presenza do autor, Xosé A. Neira Cruz, que estará acompañado polo catedrático Jorge Mira e por Tati Mancebo da Editorial Galaxia

O enigma de Santiago’, obra coa que Xosé A. Neira Cruz se fixo co Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña en 2020, acaba de chegar ás librarías e, este xoves, a cidade na que se desenvolve a trama da historia acollerá a primeira presentación pública. A cita terá lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal ás 20h e o autor estará acompañado polo catedrático de Electomagnetismo da USC e divulgador científico, Jorge Mira, e pola directora comercial da Editorial Galaxia, Tati Mancebo. Como presentadora de excepción exercerá Rosalía de Castro, interpretada pola actriz Tero Rodríguez.

Convén lembrar que o escritor Xosé A. Neira Cruz foi o gañador da XIV edición do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil con "O enigma de Santiago", converténdose no primeiro escritor que gaña en dúas ocasións o certame convocado pola Deputación da Coruña.

A obra foi premiada por un xurado que estivera composto por Paula Carballeira, Míriam Ferradáns, Antía Otero, e Tero Rodríguez ademais do autor da edición anterior, Valentín Alvite, co deputado de Cultura, Xurxo Couto, como presidente, e a xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. Do informe emitido na sesión do fallo, cabe salientar que se valorara moi positivamante o "dominio de referencias artísticas e o históricas, cunhas personaxes moi ben armadas, de maneira especial, o protagonista, que evoluciona ao longo da novela".

O xurado tamén destacara que a novela describe unha "trama arredor do poder que se artella a través de feitos históricos construíndo un relato atractivo destinado ao público infantil".  Por último, resaltara que " o misterio da trama atrapa como unha promesa, procurando na experiencia lectora  a sensación de estar ante un enigma que che gustaría que fose resolto e que atrapa como unha promesa", ao tempo que sinalaba "a presenza de relacións de poder nunha cidade que poden ser extrapolábeis á sociedade enteira, descubrindo os artificios de manexo do poder cun estilo narrativo moi acorde cos nosos tempos e coa lectura da actualidade".

Comentarios