A Asociación Área Empresarial do Tambre facilitou a xestión de 113 contratos laborais entre os mozos e mozas menores de trinta anos e mulleres desempregadas

Impartíronse 27 cursos presenciais e 160 accións formativas en liña

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) está a finalizar o Programa Integrado de Emprego 2020/21, financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, a través do servizo de Programas Mixtos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Nesta edición, a asociación traballou con 100 participantes, mozos e mozas menores de 30 anos con baixo nivel de estudos e mulleres desempregadas con diferentes niveis formativos. A través do mesmo xestionáronse 113 contratos de traballo, con maior índice de inserción nos sectores da loxística, almacenamento e hostalaría.

O programa, que comezou en novembro de 2020, contou tamén cunha dimensión formativa sobre preparación de pedidos, prevención de riscos laborais, atención ao cliente, venda e marketing online, de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, entre outras temáticas. Realizáronse un total de 27 accións presenciais, que sumaron unhas 708 horas de formación, ademais das 160 acción en liña impartidas durante 5.150 horas na plataforma online. Outra cuestión que se traballa no programa é a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna para que os participantes adquiran habilidades e hábitos de traballo. Nesta edición, vinte persoas realizaron estas prácticas asociadas á formación de preparación de pedidos e atención ao cliente.   

Comentarios
Lo más