Santiago estudia ampliar o horario das terrazas pola noite na ponte de decembro e Nadal

Santiago estudia ampliar o horario das terrazas pola noite na ponte de decembro e Nadal
Santiago estudia ampliar o horario das terrazas pola noite na ponte de decembro e Nadal

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron  no Pazo de Raxoi un encontro con representantes da Asociación de Hostalería Nocturna.

No encontro, que se enmarca nas reunións periódicas que mantén o Concello con diversos colectivos, fíxose "un repaso da situación do ocio nocturno, do que pasaron e tamén da recuperación", indicou o rexedor. O colectivo solicitou unha ampliación de horario das terrazas e Sánchez Bugallo anunciou que se estudará o tema e que "posiblemente fagamos autorizacións puntuais para determinadas datas", como a ponte da Constitución ou o Nadal.


A Asociación de Hostalería Nocturna tamén reclama a "plena normalización de horarios, pero é unha competencia da Xunta", lembrou o rexedor, que constatou, non obstante, que "o que imos vendo é que se vai producindo unha volta á normalidade". Sánchez Bugallo manifestou a súa confianza en que o sector da hostalería se vai recuperar a pesar das moitas dificultades sufridas durante a pandemia, "especialmente a hostalería nocturna". 
Comentarios
Lo más