O centro de saúde e o PAC de A Pobra terán obras de mellora por valor duns 50.000 €

O centro de saúde e o PAC de A Pobra terán obras de mellora por valor duns 50.000 €
O centro de saúde e o PAC de A Pobra terán obras de mellora por valor duns 50.000 €

A xerente da área, Eloína Núñez, visitou o centro   acompañada polo alcalde e membros do equipo directivo da área sanitaria

A xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, visitou  esta mañá o Centro de Saúde de A Pobra, no que se realizarán diversas obras de mellora por valor duns 50.000 euros, que afectarán tanto ao centro de saúde como ao Punto de Atención Continuada. O edificio que é propiedade municipal contará con financiación aportada ao 50% por cada administración: xunta e concello.  

 

Ademais, a xerente da área comunicou aos profesionais que o centro de saúde pasará a constituírse como servizo propio de Atención Primaria, pasando a ser  independente do de Ribeira. No encontro cos profesionais a doutora Núñez estivo acompañada polo alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e membros do equipo directivo sanitario: María José López Rebollo, directora de Recursos Económicos, Salvador Mariño, director do Distrito Sanitario do Barbanza, Ana Turnes, subdirectora Médica de Atención Primaria e Montserrat Souto, subdirectora de Enfermería de Atención Primaria.

 

As obras executaranse neste mesmo ano e procederase, nunha primeira fase, á renovación de ventás,  modernización da zona de lavado de mans de consultas e pintado xeral interior. Tamén se reformará a zona de duchas e os baños do 1 andar e do andar 0. No exterior realizarase o encintando da fachada. O vindeiro ano planificaranse e desolveranse novas actuacións.

 

Comentarios
Lo más