Volve a chuvia a Compostela

Volve a chuvia a Compostela
Volve a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 16 graos


O xoves Galicia perde a influencia das altas presións coa chegada dunha fronte fría activa pola tarde. Deste xeito, durante a mañá os ceos estarán con nubes medias e altas e a partir do mediodía os ceos iranse cubrindo polo oeste, con chuvias que serán localmente fortes e que irán chegando ao resto da Comunidade pola noite. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente sur e irase intensificando co avance do día, con refachos fortes na segunda metade da xornada.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións do xoves pola tarde ó venres pola mañá, o venres pola noite e o sábado pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o venres pola noite.

Comentarios