Touro inviste 40.000 euros na mellora do ximnasio municipal e nas instalacións do pavillón polideportivo

Touro inviste 40.000 euros na mellora do ximnasio municipal e nas instalacións do pavillón polideportivo
Touro inviste 40.000 euros na mellora do ximnasio municipal e nas instalacións do pavillón polideportivo

O Concello de Touro investiu 39.831 euros na mellora do xinmasio municipal e nas instalacións do pavillón polideportivo, ubicado en Fonte Díaz.

 O investimento afrontouse a través dunha subvención da Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo reflexada no proyecto denominado Mellora das Infraestructuras Deportivas. A axuda representou o 70 por cento do investimento. O resto foi por conta das arcas municipais. A empresa contratista Silva & Pampín executou as melloras durante os meses do verán. 

Os traballos permitiron a ampliación do xinmnasio municipal, ubicado no pavillón polideportivo. As paredes do xinmnasio, aberto ao uso por parte da veciñanza, tamén foron pintadas e esta instalación conta con novo solo e falso teito que a fan máis acolledora a práctica do deporte. Pola súa banda, o interior do polideportivo foi pintado na súa totalidade. Tamén foron arranxados e pintados os vestiarios. 

Asimesmo, as obras acometidas nos últimos meses permitiron dotar ao pavillón polideportivo dun novo almacén para gardar o material deportivo. Os baños para o público tamén foron reformados. E a oficina do técnico deportivo foi ampliada, pintada e dotada dun falso teito. A concelleira de Educación, Cultura e Deportes, Adela Iglesias, destacou a importancia deste investimento para poñer ao día as instalacións deportivas municipais. “Queremos que os nosos veciños e veciñas conten cunhas instalacións axeitadas para facer deporte”. E destacou que “o Concello de Touro ten entre os seus principais obxetivos fomentar a práctica do deporte entre novos e maiores, o cal redunda no benestar e na súade da nosa veciñanza”.

Comentarios
Lo más