Xa se coñece o veredicto da XIII Edición dos Premios Educacompostela

Xa se coñece o veredicto da XIII Edición dos Premios Educacompostela
Xa se coñece o veredicto da XIII Edición dos Premios Educacompostela

Na Xunta de Goberno local, deuse conta do veredicto do xurado da "XIII Edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica".

O primeiro premio foi para o traballo "Maleta de emerxencias pedagóxicas: materiais didácticos en aulas hospitalarios", presentado por Yésica Teijeiro Bóo, Jesús Rodríguez Rodríguez, Tania Caamaño Liñares, Antía Cores Torres, Ana Rodríguez Groba (da Facultade de Ciencias da Educación da USC); María Pilar Porta Rodríguez (mestra da Aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, CHUF) e María Elena Sobrino Fernández (mestra da Aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O importe deste primeiro premio ascende a 1.200 euros.


O segundo premio, dotado con 900 euros, foi para o traballo "Sementar diálogos", presentado por María del Mar Santiago Arca. E o terceiro premio, cun importe de 60 euros para o proxecto "Afonso reporteiros", de María Isabel González Piñeiro.

Por outra banda, aprobouse o texto do "Convenio entre o Concello de Santiago e o IES Rosalía de Castro para o financiamento do Bacharelato Internacional", dotado con 6.208 euros; e o texto do "Convenio entre o Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela para o Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo".

Tamén se deu conta da sinatura dos convenios de colaboración asignados polo Concello de Santiago coa Asociación Área Empresarial do Tambre por 50.000 euros; e coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, por valor de 75.000 euros. 

Comentarios
Lo más