Luns de chuvia en Santiago

Luns de chuvia en Santiago
Luns de chuvia en Santiago

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 10 graos

O luns o fluxo de ventos do nordés achegará aire frío e inestabilidade a Galicia. Agárdase un día de ceos máis nubrados canto máis ao norte, con chuvias ocasionais que serán en forma de neve a partir dos 900 metros. As mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará do nordés moderado en terra e forte no mar.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más