Sae á rúa o segundo número da revista da Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca”

Sae á rúa o segundo número da revista da Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca”
Sae á rúa o segundo número da revista da Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca”

Recolle en vinte páxinas reclamacións comoa perda de servizos, a paralización do Plan Especial 1, a problemática da distribución de mercadorías, ou logros de 2021 como a posta en marcha da fibra óptica ou a peonalización de Mazarelos

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica “Fonseca” publica o segundo número da súa revista, grazas ao programa de subvencións do Concello de Santiago. A publicación, da que se distribúen 500 exemplares entre os veciños e negocios do casco histórico, consta de 20 páxinas nas que se recollen as principais inquietudes postas en común pola xunta directiva da entidade, presidida por Roberto Almuíña e composta por Pepe Baqueiro, Paloma Pintos, José Ángel Cocho, Vanesa Brea, María José Lorenzo, Pastora Rivas y Jesús Varela. Actualmente, a entidade ten 130 familias asociadas.

“A nosa firme convicción é que o patrimonio máis valioso da cidade histórica de Santiago somos as persoas que vivimos e traballamos nela e, por iso, nos preocupa a aguda crise da perda de veciños”. Con estas liñas, abre a revista o presidente no seu editorial, no que analiza o contexto actual da cidade histórica, desde reclamacións sociais como a perda de servizos, a paralización da revisión do Plan Especial 1, a ausencia dunha política turística da cidade, a problemática da distribución de mercadorías, ou logros deste ano como a posta en marcha da fibra óptica ou a peonalización de Mazarelos polos que loitou a Asociación. Ademais, nunha crónica titulada “Sabiamos que acadar resultados non é fácil”, a xunta directiva fala máis polo miúdo destas e doutras cuestións de gran envergadura para a zona vella, como o problema co abastecemento e evacuación de augas, o Plan de Mobilidade, a situación da rúa do Pombal ou a licitación da recollida do lixo.

Tamén a revista consta de nove artigos de opinión de veciños e expertos en patrimonio, e representantes dos catro grupos municipais: o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, José Antonio Constenla, Marta Lois e Goretti Sanmartín. Finalmente, conta cunha sección noticias nas que se informa sobre o futuro centro sociocultural na praza Salvador Parga, as últimas noticias sobre a cabalgata e a recepción dos Reis Magos en 2022, a perda xeral de servizos no casco histórico, a restauración das fontes e apuntes sobre as axudas á rehabilitación do Consorcio de Santiago.

Comentarios
Lo más