O Ateneo de Santiago presenta 'Los vecncejos' de Fernando Aramburu

O Ateneo de Santiago presenta 'Los vecncejos' de Fernando Aramburu
O Ateneo de Santiago presenta 'Los vecncejos' de Fernando Aramburu

Este martes 23 de novembro o Ateneo de Santiago ten programada a presentación da nova novela de Fernando Aramburu

Este martes, 23 de novembro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago presentará na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela Los vencejos, a nova novela de Fernando Aramburu, quen estará acompañado no acto por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura española e Profesor emérito da USC.

Nesta nova novela Aramburu deixa de lado o drama do terrorismo para pasar á ficción. Nesta ocasión a trama segue a Toni, un profesor de instituto que decide poñer fin á súa vida dentro dun ano. No transcurso dese ano o protagonista redacta unha crónica persoal para descubrir as razóns da súa radical decisión. Nestas crónicas contará o seu pasado e intimidade, analizando duramente á súa familia e amigos e a sucesión de episodios amorosos e familiares deste grupo. Toni, empeñado en reencontrarse co seu pasado, inspira unha importante lección de vida. 

Fernando Aramburu, natural de San Sebastián, é amplamente coñecido polo éxito de vendas de Patria, o último gran fenómeno literario, traducido a 34 linguas e convertido en prestixiosa serie por Aitor Gabilondo para HBO. Tamén é autor de libros de contos (Los peces de la amargura), obras de non ficción (Autorretrato sin mí) e numerosas novelas xenerosamente premiadas como Años lentos (2012) ou Ávidas pretensiones (2014). Este ano Los vencejos, ácida e enternecedora, é a súa nova obra mestra, unha novela que o confirma como un dos mellores escritores europeos.

Comentarios
Lo más