A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal nos CEIPS e no espazo de lecer María Miramontes

A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal nos CEIPS e no espazo de lecer María Miramontes
A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal nos CEIPS e no espazo de lecer María Miramontes

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal 2021 nos CEIPS; e no espazo educativo e de lecer María Miramontes.

O prazo de inscrición e matrícula no programa municipal de conciliación de Nadal nos CEIPS comeza o mércores, 24 de novembro, e finaliza o 13 de decembro (ámbolos dous inclusive). É de balde e desenvolversase no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Quiroga Palacios. Oferta un total de 100 prazas; das cales haberá dispoñibles 30 prazas para o servizo de comedor, e 20 para o de magrudadores. Doce prazas resérvanse para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do concello de Santiago, e terán carácter de acceso directo ao programa. Ofértanse catro modalidades, segundo os horarios:


Modalidade completa:(madrugadores con almorzo, comedor e actividades). De 7:45 ás 16:00 h

Modalidade madrugadores con almorzo e actividades De 7:45 ás 14:00 h.

Modalidade comedor e actividades. De 9:00 ás 16:00 h.

Modalidade só actividades De 9:00 ás 14:00 h.

Os destinatarios deste programa son os nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria (entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria, ambos inclusive), con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Deberán estar empadroados en Santiago ou cursar os seus estudos en algún centro de infantil ou de primaria deste municipio.

O programa, que conta cun orzamento máximo de 14.720 euros, desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Nadal, os días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022 (un total de 12 días). As familias interesadas poderán escoller entre tres quendas:

-Completa: os 12 días.

- Quenda do mes de decembro de 2021: días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31

- Quenda do mes de xaneiro de 2022: días 3, 4, 5 e 7.

En canto ao prazo de inscrición para o periodo de Nadal no espazo María Miramontes comeza mañá, día 23 de novembro, e remata o 2 de decembro. Conta con 60 prazas, dirixidas a menores de entre 4 e 12 anos (36 son para nenos e nenas de 4 a 6 anos; e as 24 restantes para a cativada de entre 7 e 12 anos), que que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. Para poder inscribirse é necesario estar dado de alta no espazo educativo María Miramontes.

As datas de realización son: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022; e o horario é de luns a venres de 7:45 h. a 15:00 h. Igual que no programa de conciliación dos CEIP, establécense tres quendas a escoller: completa, cos 12 días; mes de decembro e mes de xaneiro.

Os formularios e a información están á disposición das familias na web do concello de Santiago de Compostela: santiagodecompostela.gal. 
Resolución de convocatorias
O executivo municipal tamén aprobou a resolución de reclamacións presentadas contra a adxudicación provisional, na Xunta de Goberno Local do 17 de setembro de 2021, sobre bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado de centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do concello de santiago de compostela, para o curso 2021/2022.

Resolvéronse favorablemente 11 recursos e desfavorablemente 4. A maiores, aprobouse a renuncia de dez persoas solicitantes a deuse luz verde ao cambio de centro escolar presentado por 3 persoas.

Tamén se informou que a convocatoria, que non supera o crédito dispoñible para a mesma, queda totalizada en 643.195,30 euros (255.472,8 na anualidade 2021; e 387.722,5 na anualidade 2022), divididos nas seguintes modalidades:

Comedor: 533.755,3 euros (212.047,8 na anualidade 2021; e 321.707,5 na anualidade 2022)

Actividaes: 100.980 euros (34.965 na anualidade 2021; e 100.980 na anualidade 2022)

Material: 8.460 euros (0 euros na anualidade 2021; e 8.460 na anualidade 2022)

O crédito dispoñible é de 651.000 euros (257.800 na RC de 2021 e 393.120 na RC de 2022)

Unha vez contabilizados os recursos, a convocatoria suma 745 solicitudes que benefician a 1.322 alumnos e alumnas. En total concedéronse 398 becas para actividades extraescolares; 568 para comerdor, por escaseza de recursos; 141 para material escolar; e 100 becas de comerdor por conciliación.

Por outra banda, deuse luz verde ao recoñecemento da obriga en favor das Comunidades de propietarios dos bloques García Lorca, 10 (Bloque 11) e os grupos de vivendas "Compostela e Cardeal Quiroga Palacios" do barrio de Pontepedriña.

As primeiras, de García Lorca, corresponden á Fase 1 da ARI (Área de Rehabiliación Integral) do barrio de Vite. Son 25.735,04 euros, que se dividirán, segundo cota de participación, entre os 11 perceptores comuneiros que teñen acreditada a totalidade dos requisitos esixidos aos beneficiarios. A segunda, corresponden as Fases 4 (remanente de convocatoria 2016) e 4 da ARI (Área de Rehabilitación Integral) dos grupos de vivendas "Compostela e Cardeal Quiroga Palacios" do barrio de Pontepedriña. Son 26.906,49 euros, que se dividirán, segundo cota de participación, entre os 6 perceptores comuneiros que teñen acreditada a totalidade dos requisitos esixidos aos beneficiarios. En ámbolos dous casos, estas axudas son para subvencionar ascensores e envolventes.

Contratación
A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou o contrato "Subministración de 70 colectores de carga lateral de 2.000 litros e 100 colectores de carga traseira de 120 litros para a recollida selectiva de biorresiduos no Concello de Santiago de Compostela", dividido en dous lotes. As empresas beneficiarias son:

-Rototank, SL, no lote I que presenta unha oferta por importe de 52.429,30 euros, IVE incluido.

-Contenur, SL, no lote II que presenta unha oferta por 5.953,20 euros IVE incluido.

Ambas empresa comprométense a unha reducción do prazo de entrega de 15 días, e a subcontratar a rotulación dos colectores. O financiamento desta actuación forma parte das axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Comentarios
Lo más