Día nublado e frío en Compostela

Día nublado e frío en Compostela
Día nublado e frío en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 11 graos

O martes quedaremos entre as altas presións centradas nas Illas Británicas e unha borrasca no Mediterráneo occidental formando circulación do nordés intensa que achega aire frío. Agárdase así un día de ceos máis nubrados ao norte onde teremos chuvascos ocasionais. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do nordeste moderado e forte no litoral norte.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o mércores e o xoves. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.



Comentarios
Lo más