A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación das obras do muro do Pombal

A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación das obras do muro do Pombal
A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación das obras do muro do Pombal

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, adxudicou o contrato que ten por obxecto a "execución das obras definidas no proxecto denominado "Remate do tratamento arquitectónico do límite leste da Alameda (Muro do Pombal Fase I)" a favor da UTE constituída polas empresas Alcomte Galicia S.L. e Obras y viales de Galicia SL "UTE Muro do Pombal", por un importe de 333.619,08 euros. Os traballos afectan á parte do muro de titularidade municipal.

Ademais, adxudicáronse outros dous contratos do Proxecto Smartiago. O primeiro, a contratación de servizos de investigación e desenvolvemento de vehículos eléctricos autónomos modulares multifuncionais así como posta en marcha dun living lab de loxistica de última milla, a favor da empresa Vodafone, por un importe total de 662.970 euros.


O segundo, a contratación de servizos de investigación e desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación da mobilidade peonil a nivel macro en cidades patrimonio así como de algoritmos avanzados para a análise personalizada de hábitos de mobilidade de cara ó deseño automático de pautas de actuación para a mellora da sostenibilidade de ditos hábitos no marco dun linving lab para o deseño de novas estratexias para a mellora da sustentabilidade ambiental dos hábitos de mobilidade urbana, adxudicado á empresa Itera Técnica SLU, por un importe total de 381.150 euros.

O proxecto Smartiago está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020, nun 10% pola Axencia Galega de innovación (GAIN) en un 10% polo Concello de Santiago de Compostela".

Pleno extraordinario

Este martes tamén se celebrou un pleno extraordinario solicitado polos grupo municipais popular, de Compostela Aberta e BNG sobre a obra de consolidación do noiro do Pombal. Cos votos a favor dos grupos solicitantes e coa abstención do grupo socialista, aprobáronse os seguintes puntos: "que no prazo de 5 días desde a celebración deste pleno extraordinario, o Gobernó local reúna as voceiras e voceiros dos grupos municipais para explicar o nivel de seguridade e risco do noiro e do propio vial do Pombal na actualidade; esixir a máxima celeridade nos traballos de consolidación do noiro, tanto da parte pública como privada, e garantir a seguridade na circulación de peóns e vehículos na contorna; e constituir unha comisión de estudo de carácter especial, integrada consonte a un sistema de voto ponderado por dous membros de cada grupo municipal, para que avalíe as causas da excesiva demora e a correspondente situación de risco habida, e esixa, se fose o caso, as responsabilidades oportunas" 

Comentarios
Lo más