Volven as chuvias esta noite a Compostela

Volven as chuvias esta noite a Compostela
Volven as chuvias esta noite a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 11 graos

O mércores as altas presións moveranse cara ó leste virando así a circulación a norte e deixando a Comunidade na influencia das baixas presións. Teremos así unha xornada de ceos nubrados en xeral, con chuvias febles ao norte. Pola noite prevese a chegada dunha fronte polo noroeste con chuvias que se iran xeneralizando e cota de neve arredor dos 1.300 metros. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente norte, moderado en xeral, fortes na Costa da Morte.

En Santiago,  ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións do mércores pola noite ó xoves pola tarde e o venres pola noite. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.



Comentarios
Lo más