Frades e Cáritas organizan a oitava campaña de Nadal para a recollida de alimentos para familias necesitadas

Frades e Cáritas organizan a oitava campaña de Nadal para a recollida de alimentos para familias necesitadas
Frades e Cáritas organizan a oitava campaña de Nadal para a recollida de alimentos para familias necesitadas

A recollida terá lugar do ata o 21 de decembro

O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, vén de poñer en marcha esta semana unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por oitavo ano consecutivo, estará aberta ata o vindeiro 21 de decembro.


O obxectivo é recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados. Este ano mantéñense os tradicionais sete puntos de recollida: os supermercados Loli e o salón de peiteado Patricia Tacón (Abellá), os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira), o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello.   


AlimentosFrades

  Durante as anteriores edicións recolléronse uns 400 quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 69 55 67) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.





O alcalde, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas neste importante labor, que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio nestas datas tan sinaladas”.

Comentarios
Lo más