Unha moza de Oroso, premiada por difundir a campaña informativa da Unión Europea sobre alimentación segura

Unha moza de Oroso, premiada por difundir a campaña informativa da Unión Europea sobre alimentación segura
Unha moza de Oroso, premiada por difundir a campaña informativa da Unión Europea sobre alimentación segura

Miriam Mosquera participou na iniciativa #EuroinflUEncer, do centro EUROPE DIRECT A Coruña, que busca activar e implicar á mocidade na divulgación de información europea

Deputación da Coruña vén de premiar a unha moza veciña de Oroso pola súa participación na iniciativa #EuroinflUEncer de difusión de información europea impulsada polo centro. O deputado delegado de Economía e Facenda, Antonio Leira, fixo entrega dunha tablet á participante, Miriam Mosquera, que contribuíu á divulgación dunha iniciativa da Unión Europea sobre seguridade alimentaria entre a mocidade.

A actividade está organizada polo centro EUROPE DIRECT A Coruña dentro do seu ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar a mozos e mozas as oportunidades que existen dentro da UE e implicalos tanto no coñecemento como na difusión do traballo que realizan as institucións europeas. O programa #EuroinflUEncer busca, precisamente, implicar e activar ás persoas novas na divulgación de campañas e iniciativas da Unión Europea para achegalas dunha maneira directa ao seu grupo de idade e dentro do eido local.

A campaña difundida por MiriamMosquera, denominada A UE elixe comida segura, está enmarcada nunha das prioridades da UE como é a promoción da alimentación segura e saudable. Durante dúas semanas, a orosana fíxose eco dos contidos da campaña #EUChooseSafeFood, realizada pola Axencia Europea de Seguridade Alimentaria en conxunto coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, a través da rede social Instagram.

O obxectivo de #EUChooseSafeFood é achegar información á cidadanía europea para que tome decisións da súa alimentación baseadas en información veraz, así como explicar os aspectos científicos que garanten a seguridade dos alimentos dentro da UE. A iniciativa contou tamén coa participación doutra compañeira do ClubUE, que será premiada nas vindeiras semanas.

Para información complementaria, pódese contactar tamén a través do emaileuropedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Comentarios
Lo más