O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas este xoves Externo Recibidos

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas este xoves Externo Recibidos
O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas este xoves Externo Recibidos

Ten previsto alcanzar os 2.000 visitantes este ano, achegándose ás cifras anteriores ao inicio da pandemia

O Museo Casa de la Troya abre de novo as súas portas este xoves, 25 de novembro, e permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de decembro. En concreto, os días nos que se poderá visitar a vella pensión de estudantes son os seguintes: do xoves 25 ao domingo 28, e do xoves 2 ao domingo 11 de decembro. O horario será o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A apertura coincide coa celebración, esta fin de semana, dun encontro internacional de tunas veteranas.


O presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo, Benigno Amor, sinala que “temos o obxectivo de chegar aos 2.000 visitantes neste ano, cifra da que xa estamos preto. No que vai de 2021 viñeron ao museo un total de 1.790 visitantes, superando ampliamente a cifra de 2020, que foi de 1.031 persoas, e achegándose progresivamente ao número de visitantes que tiña antes da pandemia”.


Segundo os datos proporcionados polo museo, as visitas proceden nunha alta porcentaxe de diferentes puntos de España (92%), fronte aos estranxeiros (8%). “Cómpre valorar estes datos tendo en conta a situación sanitaria vivida este ano, posto que nunha situación normal as visitas serían máis do dobre e a procedencia dos estranxeiros suporía en torno a un 25%” -matiza o director do museo-.


Por comunidades autónomas, este ano predominaron os visitantes de Galicia (33%), seguidos dos da Comunidade de Madrid (15%), Andalucía (11%), Valencia (8%) e Cataluña (6%). Dentro de Galicia, foron maioritarios os visitantes residentes en Santiago (43%), seguidos dos da Coruña (29%), Pontevedra (18%), Ourense (6%) e Lugo (4%). En relación ás franxas de idade, predominaron os das comprendidas entre os 45 e os 64 anos (42%), seguidos da franxa de 25 a 44 (27%), 15 a 24 (12%), menores de 15 (11%) e maiores de 65 anos (8%).




Comentarios
Lo más