As modificacións da ordenanza de xestión introducen o pago fraccionado de ata nove cotas en distintos tributos municipais

As modificacións da ordenanza de xestión introducen o pago fraccionado de ata nove cotas en distintos tributos municipais
As modificacións da ordenanza de xestión introducen o pago fraccionado de ata nove cotas en distintos tributos municipais

A concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, informou hoxe sobre as modificacións na "Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público", que introduce o pago fraccionado de ata nove cotas de distintos tributos. Estas modificacións levaranse Ao pleno ordinario de este xoves

A modificación da ordenanza afecta aos seguintes tributos: Imposto de Bens Inmobles (IBI), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto de Actividades Económicas (IAE) e as taxas de utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público, como vados, cadeiras, tribunas, quioscos, e outros elementos.


Según explicou a concelleira, con esta medida os contribuintes poderán distribuir o pagamento dos tributos ao longo do ano en tres, cinco, e nove cotas, a elección da persoa solicitante cando se adhira ao sistema".

De optar por tres cotas, o primeiro prazo sería o 5 de xullo, o segundo prazo o 5 de setembro e o terceiro o 5 de novembro.

De optar por 5 contas, o primeiro prazo sería o 5 de marzo, o segundo o 5 de maio, o terceiro o 5 de xullo, o cuarto o 5 de setembro e o quinto o 5 de novembro.

Finamente de optar por nove cotas, o primeiro pago sería o 5 de marzo, o segundo o 5 de aril, o terceiro o 5 de maio o cuarto o 5 de xuño , o quinto o 5 de xullo, o sexto o 5 de agosto, o sétimo o 5 de setembro, o oitavo o 5 de outubro e o noveno o 5 de novembro.

En todos estes casos o importe mínimo de cada cota non será inferior a 10 euros.

Para adherirse o sistema e poder solicitar o pago fraccionado, é importante, sinalou, cómpre:
- Notificar formalmente á administración tributaria local a adhesión a este sistema antes do 1 de febrero do exercicio no que se pretenda a súa aplicación. A concelleira explicou que nos vindeiros días "informaremos do modelo que estará a disposición das persoas contribuintes, ben para presentalo no rexistro municipal do Concello, ou na sede electrónica".
- Domiciliar os recibos en calquera entidade financeira.
-Non ter ninguna débeda en vía executiva co Concello de Santiago
-Incluir todos os recibos dos tipos de ingreso que se van acoller a este sistema de pago fraccionado.

Marta Abal sinalou que este modelo de pago fraccionado "facilitará a planificación económica das persoas contribuintes de Santiago de Compostela". Isto é posible, engadiu, "grazas á implantación da administración electrónica e a posta en funcionamento do módulo de xestión de ingresos".

Recordou que desde o ano pasado xa é posible liquida a traves da sede electrónica diversos impostos muncipais, e "este é un novo fito de cara á dixitalización" da administración "na que estamos inmersos". Este ano, continuou, "culminaremos esa primeira fase de implantación e a partires do ano que ven" irase avanzando cara esa "mellora da dixitalización dos servizos municipais e a automatización de procesos, para que, en última instancia, se poidan recuperar recursos humanos para, no que respecta a área tributaria, atender mellor á cidadanía que por determinados motivos non ten acceso a medios electrónicos", engadiu Marta Abal. 

Comentarios
Lo más