Continúa o tempo gris en Compostela

Continúa o tempo gris en Compostela
Continúa o tempo gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 11 graos

A presenza de aire frío en altura será fonte de inestabilidade na xornada do xoves en Galicia. Unha situación que traerá ceos parcialmente nubrados con chuvascos máis probables e frecuentes na metade norte que serán de neve pola mañá por riba dos 1200 metros. As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral norte.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.



Comentarios
Lo más