O Pleno dá luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística

O Pleno dá luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística
O Pleno dá luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística

O Pleno da Corporación celebrou o pleno ordinario do mes de novembro, 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller e que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista. Entre os asuntos máis destacados, o Pleno acordou o inicio do procedemento para a creación dunha sociedde mercantil de actividade urbanística e aprobou dúas declaracións institucionais.

O Pleno da Corporación deu luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística cos votos a favor do grupo municipal socialista e do BNG e coa abstención de CA e PP. O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo foi o encargado de defender a proposta, que tamén aprobou a constitución da Comisión Especial encargada da elaboración da Memoria Xustificativa e Proposta de Estatutos da citada sociedade, presidida polo alcalde de Santiago, e integrada por un representante de cada un dos grupos municipais, un representante do departamento de intervención, e o secretario do Concello. Para o mellor desenvolvemento do seu labor, a Comisión Especial poderá contar cos asesoramentos técnicos que considere necesarios que terán carácter público e cuxos informes serán incorporados ao procedemento.


Declaracións institucionais
Todos os grupos da Corporación aprobaron dúas declaracións institucionais. A primeira, expresando o compromiso do concello de Santiago na loita contra a fraude e a corrupción, un trámite necesario para poder xestionar os fondos Next Generation da Unión Europea.

A segunda é a adhesión á "Rede de cidades españolas comprometidas coa hepatite C". A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, agradeceu o apoio á iniciativa, da que destacou, suporá un avance na loita contra unha enfermidade que beneficiará, especialmente, ás persoas máis vulnerables.

Tamén saiu adiante a modificación da "Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público", que introduce o pago fraccionado dos seguintes tributos: Imposto de Bens Inmobles (IBI), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto de Actividades Económicas (IAE) e as taxas de utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público, como vados, cadeiras, tribunas, quioscos, e outros elementos. Segundo explicou a concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, con esta medida as persoas contribuintes poderán distribuir o pagamento dos tributos ao longo do ano en tres, cinco, e nove cotas, a elección da persoa solicitante cando se adhira ao sistema. 

Comentarios
Lo más