Arrefría o tempo en Compostela

Arrefría o tempo en Compostela
Arrefría o tempo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 11 graos

As altas presións localizadas no Atlántico e as baixas no Mar do Norte configurarán un corredor de isóbaras que achegará aire frío e unha área de inestabilidade a Galicia. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado, con precipitacións intermitentes, máis probables durante o día na metade norte, tendendo a xeneralizarse ao final da xornada. A cota de neve manterase no entorno dos 1100-1200 metros. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.





Comentarios
Lo más