Galicia roza os 4 mil casos activos

Galicia roza os 4 mil casos activos
Galicia roza os 4 mil casos activos

― A día de hoxe hai 3.863 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.970 deles 587 son da área da Coruña, 406 da de Lugo, 1.008 da de Ourense, 342 da de Pontevedra, 1.067 da área de Vigo, 357 da de Santiago e 203 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 94 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.340 persoas curadas, rexistrándose 2.665 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.975.235.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.781.817.

Comentarios
Lo más