Empregados da Xunta movilízanse en Santiago

Empregados da Xunta movilízanse en Santiago
Empregados da Xunta movilízanse en Santiago

O venres día 26 de novembro ven de realizarse unha manifestación de delegados e delegadas de UGT e CCOO para esixir, a complemento de carreira, o concurso aberto e permanente e a promoción interna e estabilidade real e efectiva.

A manifestación, que saíu ás 11:00 horas, da explanada da estación vella de autobuses de Santiago (San Caetano), praza de Camilo Díaz Valiño, percorrendo a rúa Anxo Casal, rúa San Caetano, praza de España, avd. de Rodríguez de Viguri, e rematou as 12:15h no inicio da rúa Anxo Casal, diante da entrada da Xunta de Galicia (entrada Cafetería). 

CCOO e UGT reuniron a máis de 400 delegadas e delegados da administración autonómica, nun acto reivindicativo, que forma parte dun calendario de mobilizacións que se iniciou este venres, si desde a Consellería de Facenda e Administración Pública se seguen a incumprir aspectos fundamentais do Acordo de concertación, asinado por ambas Organizacións Sindicais. 

As esixencias pasan por recuperar a carreira profesional, axilizar os concursos de traslados, facilitar a promoción interna e reducir a temporalidade mediante procesos selectivos de estabilización do emprego, así como recuperar as compensacións por traballar festivos e domingos, cuestións todas elas que teñen que ser inmediatamente respondidas polo novo Conselleiro de Facenda, na xuntanza que lle temos solicitada, para reconducir o malestar do persoal empregado público e así evitar unha conflitividade innecesaria na función pública galega.

Comentarios
Lo más