Traballadores de Otis recorren varías rúas de Santiago pola mellora das súas condicións laborais

Traballadores de Otis recorren varías rúas de Santiago pola mellora das súas condicións laborais
Traballadores de Otis recorren varías rúas de Santiago pola mellora das súas condicións laborais

Os traballadores da delegación de Zardoya Otis en Santiago de Compostela-Boiro mobilizáronse este venres, día 26, en diferentes puntos da cidade de Santiago de Compostela no marco dos actos reivindicativos previstos en distintas cidades de Galicia e España que se están a realizar entre os días 22 de novembro e 9 de decembro, convocados polos sindicatos UGT, Sindicato da Elevación, CC. OO e Zutik.

 Os traballadores demandan a revalorización do soldo de acordo ao incremento do IPC, paralizado desde o ano 2011, rebaixar a carga de traballo debida aos despedimentos indiscriminados da empresa, que cesen estes despedimentos, a non instauración dunha dobre escala salarial, que non se aplique a reforma laboral e que se poña freo á perda de dereitos actualmente tipificados no convenio colectivo dos traballadores da empresa, sen renovar desde hai case dous anos. 

Os traballadores advirten que durante as xornadas de folga convocadas, entre ós días 22 de novembro e 9 de decembro, só se atenderán os servizos mínimos en situacións de urxencia descritos na Orde do DOG nº2323 de 2021/11/19 da Xunta pero non realizarán revisións dos ascensores nin reparacións que estean á marxe deste orde. 

Comentarios