Sábado frío e con posibilidade de chuvia

Sábado frío e con posibilidade de chuvia
Sábado frío e con posibilidade de chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 10 graos

Durante a xornada do sábado agardamos unha fronte que ven do norte. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado, con precipitacións intermitentes, menos probables canto máis ó sur. A cota estará nos 1.000 metros baixando ata os 800 metros co avnace do día . As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas apenas cambiarán. Os ventos soprarán de compoñente norte, fortes no litoral e zonas altas do interior.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións  o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.



Comentarios
Lo más