Galicia suma casi 600 contaxios aínda que con presión hospitalaria contenida

Galicia suma casi 600 contaxios aínda que con presión hospitalaria contenida
Galicia suma casi 600 contaxios aínda que con presión hospitalaria contenida


A día de hoxe hai 4.292 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.396 deles 636 son da área da Coruña, 435 da de Lugo, 1.134 da de Ourense, 380 da de Pontevedra, 1.202 da área de Vigo, 385 da de Santiago e 224 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 89 en unidades de hospitalización e 4.292 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.485 persoas curadas, rexistrándose 2.666 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.981.235.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.928.579.

Comentarios