Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira virtual do talento

Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira virtual do talento
Remata Talentia Summit ‘21 con récord de 50.000 participantes na maior feira virtual do talento

Máis de 50.000 persoas participaron en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudou a virtual por mor da pandemia. A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as videoconferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.

Talentia Summit ´21 rexistrou un aumento no volume de participantes activos con respecto á pasada edición pese a que o listón estivese xa alto. Tras prolongar a súa duración ata as dúas semanas de actividade, e agregar moitas novidades á Feira virtual do talento, foron máis de 50.000 persoas usuarias as que participaron activamente nesta edición.


Talentia Summit ‘21 en cifras
- 50.454 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
- 2.790 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
- 2.648 currículos intermediados para as 320 ofertas de emprego con 868 vacantes.
- 2.123 videoconferencias nas entrevistas virtuais con empresas.
- Máis de 4.500 páxinas vistas no seguemento vía streaming do Foro Talentia Summit
- Máis de 300.000 contas alcanzadas en todas as redes sociais nas interaccións de @TalentiaSummit

O Foro Talentia volveu contar con público no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia
O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu o pasado xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021. A afluencia do público foi máis que considerable na volta á presencialidade: máis de 750 entradas reservadas e moitas visualizacións da páxina do streaming do Foro, que contou coa presenza das autoridades institucionais: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O panel de ponentes ofreceu unha serie de 8 conferencias maxistrais que deixou unha serie de citas para a lembranza:

"O maior desafío que temos as empresas para levar a cabo esa transformación dixital pasa polas persoas. Se en algo non podemos fallar é no talento" indicaba Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data. Deseguido, Pau García Milá, emprendedor de éxito, destacaba que: "Na vida hai que saber xestionar a incerteza. E hai que aprender do pasado". Posteriormente, Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand, tratou a relación entre marcas, traballadores e usuarios sinalando que: "as marcas ofrecen orgullo de pertenza. Adáptanse ao noso comportamento". Tamén sobre as marcas destacou Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca: "As marcas xa non son das empresas, senón das persoas". E con respecto ás organizacións, Clara Jiménez Piñar, directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead afirmou o seguinte: "como ocorre cos animais, moitas organizacións aínda van a 4 patas porque non queren servirse da intelixencia colectiva e evolucionar". 
Comentarios
Lo más