Domingo frío e con chuvia en Compostela

Domingo frío e con chuvia en Compostela
Domingo frío e con chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 12 graos en Santiago 

O domingo Galicia estará nun corredor de vento do noroeste. Polo tanto, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes, máis frecuentes na metade norte pola mañá e máis xeneralizadas pola tarde. A cota de neve estará situada nos 1.200 metros pola mañá e subindo progresivamente co avance da xornada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso na metade sur, quedando sen cambios no resto; as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do noroeste, moderado no interior, forte na costa e nas zonas altas.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o domingo. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado.





Comentarios