Galicia ten sobre a mesa estener o pasaporte covid a eventos deportivos e áreas comerciais

Galicia ten sobre a mesa estener o pasaporte covid a eventos deportivos e áreas comerciais
Galicia ten sobre a mesa estener o pasaporte covid a eventos deportivos e áreas comerciais

 Xunta de Galicia prevé  o pico da nova ola de covid en dúas ou tres semanas


O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, admitiu na Radio Galega que o comité clínico que asesora á Xunta contempla estender o certificado Covid  durante todo o día a cafetarías e bares. "Si que é verdade que está na cabeza do comité clínico, na reunión do subcomité por exemplo que houbo aínda este venres, a posibilidade de que se os números continúan a aumentar dunha forma exponencial como pode acontecer e se a situación sobre todo a nivel de carga hospitalaria, tratar de estendelo (o certificado) de maneira correctiva".

Ademáis, o xerente do Sergas no desbota o uso do certificado Covid se estenda a outras ámbitos ademais de nas visitas hospitalarias e na restauración e na hostalaría. Apunta a que sobre a mesa estaría pedilo en "grandes concentracións de persoas sobre todo en locais pechados, en eventos deportivos ou en áreas comerciais". 

Cuestionado por cando se podería aplicar, Flores limitouse a dicir que "en calquera momento" pode haber un cambio en función da evolución e mesmo apuntou á ponte do mes de decembro. 

Pico da sexta vaga

O xerente do Sergas estima que o pico desta sexta vaga podería darse en dúas ou tres semanas de se comportar como outras pero tamén recoñece que pode variar por varios factores. A proximidade do Nadal, co incremento de contactos sociais, e tamén a posible vacinación dos menores de 12 anos

Comentarios