Xunta non descarta tomar medidas extra para o Nadal

Xunta non descarta tomar medidas extra para o Nadal
Xunta non descarta tomar medidas extra para o Nadal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, non descartou tomar medidas adicionais de cara ás festas de Nadal

"O alto índice de vacinación que existe en Galicia axuda moito pero imos ver que pasa estes días, sobre todo antes os eventos que se anuncian polo Nadal. Se fose necesario establecer algunhas restricións, o comité clínico reuniríase, valoraríaas e estableceríanse", adiantou este domingo Alfonso Rueda.

Polo momento, o vicepresidente fai un chamamento a cumprir de xeito rigoroso a presentación do certificado Covid na hostalería e todas as normas de protección. "Polo de agora temos unhas (restricións) que entraron en vigor esta fin de semana. Creo que son moi claras, moi fáciles de cumprir e deben se cumprir sen ningunha dúbida".

Rueda asegurou que "entramos nunhas semanas complicadas" polo que pide prudencia.  

Comentarios