O luns comeza gris pero sen previsión de chuvia

O luns comeza gris pero sen previsión de chuvia
O luns comeza gris pero sen previsión de chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 12 graos

Durante o lunsxa non teremos a masa de aire frío de días pasados e Galicia irá quedando progresivamente baixo infuencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos nubrados, con algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, con intervalos de moderado na costa.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións  o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que se manterán sen cambios.



Comentarios
Lo más