O tempo inestable e gris continúa a ser protagonista

O tempo inestable e gris continúa a ser protagonista
O tempo inestable e gris continúa a ser protagonista

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 13 graos

Durante o martes Galicia estará baixo feble influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados pola mañá, con progresiva apertura de claros pola tarde. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos,de compoñente sur.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións do mércores pola mañá ó xoves pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más