Decembro arranca con chuvia

Decembro arranca con chuvia
Decembro arranca con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 12 graos

Unha fronte atravesará o mércores Galicia, deixando ceos con abundantes nubes, con precipitacións que pola mañá serán máis persistentes, quedando en forma de chuvascos intermitentes pola tarde; a cota de neve irá descendendo durante a tarde, ata quedar nos 1000 metros xa pola noite. Durante a noite a chuvia intensificarase no extremo norte, mesmo con posibilidade de treboadas. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do noroeste, moderados en xeral, aumentando a fortes no litoral norte pola noite.

En Santiago,  agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o mércores e o venres. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.



Comentarios
Lo más