Así será a cabalgata e recepción dos Reis Magos en Compostela

Así será a cabalgata e recepción dos Reis Magos en Compostela
Así será a cabalgata e recepción dos Reis Magos en Compostela


Este Nadal haberá Cabalgata e recepción.

 Os nenos e nenas de Compostela terán a oportunidade de entregarlle persoalmente aos Reis Magos de Oriente as súas cartas nunha recepción que terá lugar tamén este ano na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Este máxico encontro será o propio día 5 de 11.30 h a 13.30 h e de 19.30 h a 22.30 h.


Será preciso retira as entradas entradas.ataquilla.com desde o día 28 de decembro.

Este ano haberá cabalgata, que sairá ás 16.30 h da praza da Mercé de Conxo e percorrerá a avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, república do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, Vilar, praza de Praterías, Fonseca e praza do Obraodiro. Na praza saudarán á Corporación e sairán ao balcón para saudar tamén os nenos e nenas, antes de partir novamente para San Domingos de Bonaval a recibir as cartas dos pequenos da casa.

COMO PARTICIPAR NA CABALGATA?
As nenas e nenos que queiran participar na cabalgata poderán facelo de dúas maneiras: como paxes e como acompañantes do séquito nas carrozas dos reis, a estrela e o carteiro real. Terán que facer a inscrición previa a través dun formulario que se habilitará na plataforma reservas.gal dende o día 1 de decembro ás 10 da mañá ata o día 20 de decembro de 2021.

1.- ACOMPAÑANTES DO SÉQUITO REAL NAS CARROZAS DA ESTRELA E DO CARTEIRO REAL

Os acompañantes do séquito real serán dezanove prazas.

Condicións: Destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, que deberán ir na carroza acompañados por unha persoa adulta. As inscricións faranse xa por grupos. Os grupos non poderán estar formados por máis de 3 persoas e só poderá haber unha persona adulta por grupo.

O sorteo realizarase o día 22 de decembro. Mandarase unha mensaxe a través de correo electrónico a todas as persoas participantes anunciando o resultado do mesmo. Ademais, contactarase individualmente con todas as seleccionadas para dar as debidas indicacións tanto previas como para o propio día da Cabalgata.

2.- SORTEO DE PAXES QUE ACOMPAÑARÁN AOS REIS

Os Paxes dos Reis serán once.

Condicións: Os nenos e nenas aspirantes a Paxes Reais deberán ter idades comprendidas entre os 12 a 16 anos. Para a súa participación será preciso unha autorización asinada polo pai/nai ou titor legal. As inscricións serán individuais.

O sorteo realizarase o día 22 de decembro. Mandarase una mensaxe a través de correo electrónico a todas as persoas participantes anunciando o resultado do mesmo. Ademais, contactarase individualmente con todas as seleccionadas para dar as debidas indicacións tanto previas como para o propio día da Cabalgata.

Nos enlaces a esta nova pode consultarse un resumo do programa de Nadal, que se fará público completo na páxina web municipal nos vindeiros días. 

Comentarios
Lo más