A ponte comeza pasada por auga

A ponte comeza pasada por auga
A ponte comeza pasada por auga

As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 12 graos

Durante o venres Galicia estará afectada por unha fronte cálida pouco activa, que deixará ceos nubrados, con algún orballo ocasional, máis probable na metade oeste do territorio. Xa pola noite pasará unha fronte fría que deixará chuvias xeneralizadas e de máis intensidade. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o xoves pola mañá e do venres pola tarde ó sábado pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.



Comentarios