Santiago xa respira a maxia do Nadal

Santiago xa respira a maxia do Nadal
Santiago xa respira a maxia do Nadal

Desde este venres ás 6 da tarde Santiago xa ten as súas luces de nadal prendidas


A iluminación está composta por un manto lumínico e arcos decorativos en varios puntos da cidade. A relación das localizacións divídese en catro ámbitos: rúas e prazas do Casco Histórico; rúas e prazas do Ensanche; barrios, entradas da cidade e parroquias de Santiago; edificios municipais e enclaves singulares. Entre estes últimos salientan a praza de Galicia, praza Roxa, Alameda, Xoán Carlos I, As Cancelas, praza do Obradoiro (neste caso incluirá un pesebre), Porta da Pena, Salvador Parga e rotondas de acceso á cidade.


A iluminación estará en funcionamento ata o mércores 6 de xaneiro de 2022 de acordo co seguinte horario de acendido: desde as 18:00 h ata as 2:00 h e de 7:00 a 9:00, agás os días 24, 25 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, nos que a iluminación permanecerá acendida desde as 18:00 h. ata as 9:00 h. Esta iluminación das rúas completarase coa que realiza Turismo de Santiago nos persoaxes senlleiros presentes na Alameda ou en edificios representativos como a fachada de San Domingos de Bonaval, ou a da Casa da Conga. 

Comentarios