A Real Filharmonía de Galicia realizará 8 concertos didácticos para centros educativos de toda a comunidade

A Real Filharmonía de Galicia realizará 8 concertos didácticos para centros educativos de toda a comunidade
A Real Filharmonía de Galicia realizará 8 concertos didácticos para centros educativos de toda a comunidade

Os centros interesados deberán enviar as súas solicitudes antes do 17 de decembro


  Un dos principais propósitos da Real Filharmonía de Galicia é achegar a orquestra e a música clásica aos máis novos. Nesta liña, esta temporada vai realizar oito concertos didácticos dirixidos aos centros educativos de toda a comunidade galega, tanto de Educación Primaria como de Educación Secundaria e Bacharelato. Os centros interesados poden enviar as súas solicitudes a partir do vindeiro 10 de decembro.

Os centros deberán enviar cuberto un formulario que poderán descargar na páxina web https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e remitilo ao enderezo de correo electrónico info@auditoriodegalicia.org. Cada centro poderá reservar un máximo de 60 prazas por actuación, incluídos profesores e outros acompañantes. A partir do día 17 de decembro publicarase o listado de centros admitidos para participar neste concertos didácticos da RFG. A adxudicación realizarase seguindo a orde de recepción dos formularios, ata completar todas as prazas de cada evento.

A Real Filharmonía de Galicia ten preparadas dúas propostas diferentes. Por un lado, o concerto “Das tebras á luz”, dirixido polo mestre Pablo Devigo, reúne pezas musicais vencelladas ás grandes forzas da natureza e á inmensidade do Universo. Música moi popular para os rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato, que, sen dúbida, gozarán cunha experiencia que os levará pola música de filmes tan recoñecidos por eles como “Harry Potter” ou “Star Wars”. Os concertos celebraranse o 27 de xaneiro (un ás 10:00 e outro ás 12:00 horas) e o 28 de xaneiro (un ás 10:00 e outro ás 12:00 horas).

Por outro lado, no mes de febreiro chegará o proxecto “O grande Beethoven”, realizado en colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto para conmemorar o 250º aniversario de Beethoven. Serán os días 16 e 17, tamén ás 10:00 e ás 12:00 horas É un espectáculo recomendado para nenos de 5º e 6º de Primaria. Relata a historia do xenial compositor de Bonn, un auténtico revolucionario da historia da música. Estes concertos estarán dirixidos polo mestre Jan Wierzba, coa participación dos actores portugueses Sofia Nereida e António Miguel Teixeira.

Comentarios
Lo más